O departamento de Participación Cidadá, da Concellaría de Deportes, Xuventude e Participación Cidadá retoma os cursos de Smartphones e Tablets para adultos.
Será nos Centros Sociais de Oseiro, Monteagudo e Laríne terán unha duración de 10 horas.
Cada curso ten un custe de 5 €.
O periodo de inscrición e do 3 ao 10 de xuño, de forma presencial no departamento de Participación Cidadá ou remitindo a folla de inscrición ao correo participacion.cidada@arteixo.org.
Ofértanse 12 prazas en cada curso. En caso de superarse o número de inscricións realizarase sorteo público o día 13 de xuño ás 9:00 h. no Pazo dos Deportes.
O periodo de pago do curso é do 13 ao 15 de xuño.