A Concellaría de deportes, xuventude e participación cidadá, propón para a mocidade de Arteixo diferentes actividades de ocio para este verán: kayak, vela, paddle surf, lettering, danzas urbanas, skate e unha saída de fin de semana ao Parque » Pena Aventura » en Portugal.
O Prazo de inscrición é do 8 ao 22 de xuño
Os interesados deberán formalizar o impreso inscrición na oficina do Departamento de Xuventude e Participación Cidadá e entregalo presencialmente , en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) Tamén poden envialo á dirección participacion.cidada@arteixo.org. ou a través deste formulario .
No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
Sorteo público:27de xuño ás 9:00 h. no Pazo dos Deportes de Arteixo
Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do día 28 de xuño na páxina web municipal.
Prazo de matrícula e pago : As persoas admtidas terán un prazo do 28 de xuño ao 04 de xullo para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Departamento de Xuventude e Participación Cidadá . No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberá achegarse recibo de pagamento.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal
Máis información no 981 659 133