O Concello fai pública, tras a súa publicación no BOP Nº 87 do 9 de maio de 2022, a convocatoria de subvencións para actividades e investimentos culturais durante o 2022 ao abeiro das bases reguladoras das subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva que fora publicada no BOP Nº 215 DO 16/12/2020
O obxectivo é apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades así como na adquisición de equipamentos para as programacións que desenvolvan en materia de Cultura.
O prazo de solicitude finaliza o 8 de xuño.
As solicitudes poden facerse de forma telemática a través da sede electrónica ou de forma presencial no Servizo Municipal de Cultura no CCC de Arteixo en horario de 9:00-14:00 h. Atenderase sen cita previa por orde de chegada. Tamén pódese acodir a outros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.
Os interesados teñen que achegar a seguinte documentación: