Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O prazo de preinscrición para o alumnado de nova incorporación á Escola municipal de Música abre o 20 de abril

/ O prazo de preinscrición para o alumnado de nova incorporación á Escola municipal de Música abre o 20 de abril

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, abre o prazo de preincrición para o alumnado de nova incorporación á Escola municipal de Música de Arteixo (EMMArteixo), para o curso 2022/2023.

O prazo estará aberto entre o 20 de abril e o 11 de maio de 2022 e aplícase as dúas sedes de Arteixo e Meicende.

As solicitudes  deben ter entrada no correo habilitado ao efecto desde as 00: 00 do día 20 de abril ata as 14:00 horas do último día de prazo ,11 de maio. As solicitudes fóra dese prazo non se admitirán.

A EMMA dispón dunha ampla oferta instrumental que pódese consultar neste enlace

No prazo que se abre, as solicitudes de preincrición poderán formalizarse para as seguintes materias:

MÚSICA E MOVEMENTO,

(persoas nadas entre 2015 e 2018):

OS GRUPOS SON OS SEGUINTES:

INICIACIÓN I (para nados/as en 2018)

INICIACIÓN II (para nados/as en 2017)

BÁSICA I (para nados/as en 2016)

BÁSICA II (para nados/as en 2015)

LINGUAXE MUSICAL E INSTRUMENTO

(nados/as 2014 ou con anterioridade)

Esta etapa de ensinanza divídese en 4 cursos: de 1º a 4º.

(Agás o alumnado que solicite canto que deberá ser nado/a en 2012 ou con posterioridade.

ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN

A través do enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío do modelo de preinscrición

INFORMACIÓN:

Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:

  • Luns: de 09:00 a 13:15 h.
  • Martes: de 16:00 a 19:15 h.
  • Mércores: de 09:00 a 13:15 h.
  • Venres: de 09:00 a 13:15 h.

Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com

Ir al contenido