O Boletín Oficial da Provincia publica a aprobación das bases da convocatoria para a concesión de subvencións para asociacións de veciños destinadas ao fomento da convivencia para o ano 2022 que teñen por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás Asociacións de Veciños constituídas como tales, e con ámbito de actuación no Concello de Arteixo, co fin de colaborar co tecido asociativo municipal para o fomento de participación da cidadanía para o desenvolvemento de actividades de ocio e programas de participación e dinamización de interese xeral para a veciñanza, a través dos seguintes programas:
Bloque 1.–Programas e actividades que favorezan a participación entre a veciñanza.
Bloque 2.–Formación.
Beneficiarios/as.–Poderán ser beneficiarios de estas subvencións, as Asociacións de Veciños legalmente constituídas ou agrupacións de varias Asociacións de Veciños, que realicen as actividades obxecto das presentes bases e reúnan os requisitos esixidos nas mesmas.
Bases reguladoras.–A convocatoria realízase ao abeiro das as bases xerais reguladoras das subvencións para Asociacións de Veciños destinadas para o Fomento da Convivencia do Concello de Arteixo, vixentes publicadas no BOP n.º 213, do 8 de novembro de 2019.
Contía.–O importe da consignación presupostaria ascende 60.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 924.48903, do presuposto ordinario para o 2022.
Criterios de valoración.–As bases reguladoras conteñen os criterios de valoración, os criterios de adxudicación e o procedemento de concesión aplicables a cada programa de axudas.
Prazo de presentación.–O prazo de presentación iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e rematará un mes despois da súa publicación.
Prazo de xustificación.–O prazo para a presentación da xustificacións de subvencións rematará o 30 de novembro de 2022.