O Auditorio de Arteixo acolle este próximo venres a representación das «Microspectivas dun marica millenial» a cargo de Incendiaria Teatro.
Microspectivas dun Marica Millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construcción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, MMM ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente.
A función, para maiores de 16 anos, comezará ás 20.30 h. As entradas 3 e 2,25 €, pódense adquirir o mesmo día e unha hora antes do comezo da sesión.