Manuel Manquiña e Víctor Fábregas traen a Arteixo as exitosas «Noites de Retranca» que, con distintos protagonistas, levan anos colleitando gargalladas por toda Galicia.
Duas horas de humor, do noso humor e a maiores, música en directo para unha noite especial, unha noite … de retranca
A cita cultural da semana chega o venres 21 de xaneiro ao Auditorio do Centro Cívico ás 20.30 h
As entradas, a 4 e 3€, poden adquirirse o mesmo día pola mañá e dúas horas antes do comezo da función
![](https://arteixo.org/wp-content/uploads/2022/01/Cartel-v-2_page-0001-724x1024.jpg)