Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Presentadas as bases da 31ª edición do Certame de narracións breves Manuel Murguía de Arteixo

/ Presentadas as bases da 31ª edición do Certame de narracións breves Manuel Murguía de Arteixo

O director literario Alfredo Ferreiro presentounas perante o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, o resto das autoridades locais e o público presentes

AS BASES, que na súa versión completa están dispoñíbeis na web do Concello de Arteixo (arteixo.org), pretenden deste xeito, por 31º ano consecutivo, contribuír ao desenvolvemento da narrativa e honrar a figura do noso Patriarca:

  • Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
  • Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte, deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.
  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
  • O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2.022.
  • Non se admitirá máis de unha obra por autora.
  • Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2.022.
  • Os tres finalistas deberán estar presentes o día 20 de maio de 2.022 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.
  • A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.

No mesmo día, e dentro do programa de actividades ROSALÍA, MURGUÍA E ARTEIXO (colaboración da Casa de Rosalía de Castro e o Concello de Arteixo), foi plantada a carón do Centro Cívico Cultural a “figueira rosaliana”, con placa explicativa. Outra das actividades deste mesmo día foi a presentación dos libros “Cartas a Murguía (1886-1923)” e “IV Correspondencia da familia Murguía-Castro e outras cartas” de Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro, coa presenza de Axeitos e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No mesmo acto, tivo lugar unha doazón de 25 exemplares dos devanditos libros ao Concello de Arteixo.

Ir al contenido