Xa podes consultar AS BASES, que na súa versión completa están dispoñíbeis no seguinte enlace, pretenden, por 31º ano, contribuír ao desenvolvemento da narrativa e honrar o noso Patriarca:
- Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
- Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte, deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.
- Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
- O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2022.
- Non se admitirá máis de unha obra por autora.
- Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
- O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2022.
- Os tres finalistas deberán estar presentes o día 20 de maio de 2022 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.
- A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.