Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Nadal para todos na programación do Concello

/ Nadal para todos na programación do Concello

O Concello abrirá oficialmente o Nadal 2021 o próximo venres 3 de decembro co encendido do alumeado navideño disposto especialmente para estas datas.

Servirá como homenaxe aos membros de Protección Civil do Concello.

Os actos comezarán ás 18 ho con animación e pasarrúas do espectáculo Ardentía ata as 19:00 h que dará paso ao encendido navideño. 

A cita finalizará coa actuación de Ardentía na Praza do Balneario.

Tampouco faltará á súa cita de 2021 a tradicional Feira do Galo que este ano contará co actor Luis Zahera como pregoeiro. Recupéranse tamén as cabalgatas nas diferentes parroquias e tamén haberá diversas actuacións e campamentos educativos e relacionmados cos deportes para facilitar a conciliación das familias nestas datas.

Tamén se celebrará a Gala do Xoguete o 24 de decmbro co obxectivo de facer unha recollida solidaria de xoguetes.

ACENDIDO DE NADAL. Venres 3 de decembro na praza do Balneario. Animación e pasarrúas do espectáculo Ardentía de 18:00 h a 19:00 h Acendido de luces e homenaxe aos membros de Protección Civil de Arteixo ás 19:00 h
Actuación final de Ardentía na Praza do Balneario

FEIRA DO GALO. Sábado 18 de decembro. A partir das dez da mañá na praza do Belneario. Pasarrúas “TRISKELL” a partir das 10:30 h. Pregón de Luis Zahera as 13:00 h. Entrega de premios e sorteo de galos as 13:30 h

CONCURSO DE ESCAPARATESOs mellores escaparates dos comercios de Arteixo recibirán premios en metálico trala elección realizada por un xurado especializado.

CAMPAMENTO DE NADAL PISCINA MUNICIPAL DE ARTEIXO. Organiza: BeOne Arteixo. Datas de celebración: 22 – 30 de decembro. Horarios: 10:00 a 14:00..Idades ás que está dirixida: 4 – 12 anos. Prezo: Socios: 25,26 €. Non Socios: 37,92 €. Lugar de celebración: Piscina Municipal de Arteixo. Contidos: Xogos acuáticos, actividades coreográficas, xogos populares, psicomotricidade, multideporte.Inscrición e información: BeOne Arteixo. Mail arteixo@beone.es e 981633444

CAMPUS DE FÚTBOL DE NADAL. Organiza: Club Atlético Arteixo. Datas de celebración: 23,24,27,28,29,30,31 de decembro e 3,4 xaneiro. Horarios: 10:00 a 14:00. Opción de madrugadores de 9:00 a 10:00. Idades ás que está dirixida: 5 – 14 anos. Prezo: 120€ nen@s do club, os 9 días. 140€ nen@s que non sexan do club, os 9 días. 20€ o día, para días soltos. Lugar de celebración: Campo de Fútbol de Arteixo. Inscrición e información: 692836562 correo@atleticoarteixo.es

CAMPAMENTOS DE EDUCACIÓN, “A maxia do Nadal” . Datas: 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. HORARIO: de 10 a 14 h. Servizo de madrugadores, dende ás 7:15h. Servizo de xantar de 14:00 a 16:00h. Servizo de ludoteca de 16:00 a  17:30. Servizo de transporte gratuíto. LUGARES DE EXECUCIÓN: Por concretar, segundo normativa COVID que deba aplicarse. DESTINATARIOS: Rapazada de Infantil e Primaria empadroada (30 prazas por sorteo). CUSTO: 40€ (Servizos aparte).

– “ A MAXIA DA MÚSICA” . Datas: 22, 23, 27, 28, 29, e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. Horario: de 10 a 14 h. Servizo de transporte gratuíto. LUGARES DE EXECUCIÓN: Centro Cívico Cultural de Arteixo. DESTINATARIOS: Rapazada de Infantil e Primaria empadroada (30 prazas por sorteo). CUSTO: 40€.

tríptico informativo

PREINSCRICIÓNS: Do 1 ao 10 de decembro. Os interesados deben de cubrir a solicitude de preinscrición e a Declaración responsable e envialo á Concellaría, Igualdade, Servizos Sociais  Sanidade e Educación. (Avda. dos Bosques, nº 16 – Baixo). Teléfono: 981659144. Correo electrónico: educacion@arteixo.org. Data do sorteo (de ser necesario) e publicación listaxe: 13 de decembro. Formalización de matrícula e pagos: Do 14 ao 17 de decembro.

GALA DO XOGUETE. Campo da festa de Arteixo. 24 de decembro. Recollida solidaria de xoguetes e sorte dun premio. As 10.00 visita de Papá Noel. As 12.00 actuación de Broken Peach.

ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA. «O Nadal no Mundo» na Biblioteca Central «Henrique Rabuñal». Do 22 ao 30 de decembro. De 10 a 13 horas. Previa inscrición.

EXPOSICIÓN.Do 03 de decembro de 2021 ao 03 de xaneiro de 2022: Exposición de pintura, escultura e fotografía “Facer camiño” da Real Academia Galega de Belas Artes.”. Sala de Exposicións do CCC Arteixo. Entrada libre.

ACTUACIONES. Xoves, 23 de decembro de 2021: 20:00 h The 4 Stations presenta “The Christmas Spirit”, unha homenaxe a IL Divo. Auditorio do CCC Arteixo. TP. Con entrada.

Xoves, 30 de decembro de 2021: 19:00 h “La Granja Show Infantil”. Auditorio do CCC de Arteixo. Con entrada. (SM de Cultura).

CABALGATAS REAIS. Os horarios definitivos das cabalgatas reais están pendiente de confirmación debido a que a concellería de Festas está mantendo reunións coas asociacións de veciños para definir horarios, pero en principio os días están definidos da seguinte maneira. Hai que ter en conta que en Arteixo as cabalgatas visitan todas as parroquias en diferentes días para así chegar a toda a poboación do concello:

 

Ir al contenido