A compañía «Sal do Teatro» trae a Arteixo unha traxicomedia romántica que aborda a diversidade sexual no contexto da Rapa das Bestas,e toma como referencia o filme protagonizado por Heath Ledger e Jake Gyllenhaal, Brokeback Mountain.
BrokeBack Sabucedo (Paixón entre bestas) conta a historia de Roi e Rafa, dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.
Un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.
Entradas á venda aquí