Needle Felting. É a nova actividade que prppón o departamento de Xuventude da Concellería de Deportes, Xuventude e Participación Cidadá para a mocidade entre os 12 e os 30 anos, preferentemente empadroada en Arteixo.
Trátase dunha técnica na que, por medio dunha agulla especial, que ten unhas púas, vaise compactando a la, logrando diferentes formas. Ao picar con esta agulla, as fibras vanse enredando e desta forma, cada vez hai menos aire dentro e imos notar que cada vez está máis comprimido e isto permítenos moldealo.
Será o sábado, 6 de maio de 10:30 a 13:30 h e as inscricións realizaranse do 20 ao 27 de abril, de forma presencial no departamento ou a través deste formulario.