Arteixo estará un ano máis co Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes «Elas son artistas».
O Centro Cívico acollerá o próximo 21 de abril a actuación de Eva McBel, unha das artistas galegas máis destacadas do momento, que presentará a súa primeira elepé «I’m glad you happened», un traballo no que reflexiona sobre a vida e o punto e final a un camiño de reconciliación coas súas raíces.
Á presentación acodiu a concelleira de Cultura Ana Bello.