O rubor da dignidade» de José Ignacio Silva Regueira é o gañador do XXXI Certame de Narracións Breves Manuel Murguía dotado con 4.000 €
Foi a decisión adoptada polo xurado deste certame que salientou a profunda orixinalidade do texto, derivada unha ousada hibridación entre o conto e o ensaio, no que a reflexión e a metaliteratura flúen, transidas de innumerables referencias, nin texto de clara xinea posmoderna.
O xurado decidiu además considerar como segundo clasificado ao relato presentado por Natalia Alonso Ramos, «En directo» que obtén un premio de 2.000€.
O 3º premio foi para «Somos Adán e nada somos – Le temps, mon ami, le temps!» de Francisco Rozados Rivas, dotado con 1.000€
O Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, quixo celebrar un ano máis de continuidade dun premio «tan senlleiro e necesario para Arteixo e o resto do país». O director do certame, Alfredo Ferreiro presenton ademáis un novo volume de relatos do certame que vén de ser publicado baixo o título «A garza en chamas».