Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O grupo "MULLEReANDO" comeza a súa actividade

/ O grupo «MULLEReANDO» comeza a súa actividade

/ O grupo «MULLEReANDO» comeza a súa actividade

Primeiro encontro do grupo MULLEReANDO.

A concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos, recibiu a todas as participantes e entregoulles un agasallo que poderán empregar nas saídas que realicen.

A finalidade do grupo é a de poñer en contacto a mulleres que queiran saír a camiñar acompañadas por outras mulleres co mesmo interese.

A proposta lanzada dende o CIM é que se reúnan os mércores ás 18.00 no anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo para camiñar pola contorna do paseo polo menos durante unha hora.

Para participar podes pedir máis información no teléfono 981601415

Ir al contenido