Desde o 11 de febreiro ata o 15 de abril de 2026, ambos inclusive, permanecerá aberto o prazo para o pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao segundo semestre do exercicio 2025.

Para aqueles veciños e veciñas que teñan o recibo domiciliado, o cargo na conta bancaria realizarase o vindeiro 18 de febreiro de 2026.

No caso de non recibir o recibo no domicilio ou de non ver reflectido o cargo bancario na data sinalada, as persoas interesadas deben poñerse en contacto cos servizos tributarios do Concello a través do teléfono 981 600 009. Deste xeito, facilitarase un duplicado do documento para poder facer fronte ao pago antes da finalización do prazo.

Lémbrase a importancia de cumprir cos prazos establecidos, xa que, unha vez finalizado o período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía executiva coas correspondentes recargas legais.