A Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Trabajo y Economía Social, anunciou a convocatoria do Programa I para o fomento do emprego en economía social para este ano 2026. Esta iniciativa busca apoiar o emprendemento e incentivar a incorporación de persoas socias traballadoras en cooperativas ou sociedades laborais con centros de traballo situados en Galicia.
Prazo de solicitude: O período para presentar as solicitudes permanecerá aberto desde o 2 de marzo ata o 16 de setembro de 2026, ás 20:00 horas.
Principais beneficiarios: As axudas están destinadas a cooperativas e sociedades laborais que incorporen socios traballadores de forma indefinida, incluíndo:
-
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
-
Traballadores con contrato fixo-descontinuo que se incorporen como socios.
-
Socios a proba que estivesen desempregados previamente.
-
Persoas asalariadas de empresas que se transformen en cooperativas ou sociedades laborais.
-
Tamén se inclúe o apoio para a incorporación de menores de 30 anos (ou 35 en caso de discapacidade) como socios a proba.
Contías e incentivos:
-
Por cada incorporación indefinida a xornada completa: 6.000 €.
-
Por mozos/as como socios a proba: entre 600 €/mes durante 6 a 12 meses.
-
Incrementos do 25% acumulables para colectivos como mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, emigrantes retornados, persoas trans ou centros en concellos rurais, entre outros.
-
A contía máxima por entidade beneficiaria é de 67.500 €.
As entidades beneficiarias deberán manter a actividade e a forma xurídica durante un mínimo de 3 anos. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co servizo 012 ou consultar o código de procedemento TR802G na sede electrónica.
