O Concello de Arteixo presenta o Programa municipal de sendeirismo para 2026
Nesta edición ofértanse un total de seis rutas, con un total de 50 prazas para cada una cun nivel de dificultade medio baixa pola Costa Cantábrica de Galicia.
| Rutas | Prazas | Distancia | DATA CELEBRACIÓN | |
| Ruta 1 | Miradoiro do Castro (Porto de Cariño) – Esteiro de Abaixo | 50 | 16 Km | 12 de abril |
| Ruta 2 | Esteiro de Abaixo – Porto de Ortigueira | 50 | 15 Km | 26 de abril |
| Ruta 3 | Santa Marta de Ortigueira – Embarcadoiro do Ladrido | 50 | 15 Km | 10 de maio |
| Ruta 4 | Embarcadoiro do Ladrido – Loiba | 50 | 15 Km | 17 de maio |
| Ruta 5 | Loiba (Praia de Picón) – Faro de Estaca de Bares | 50 | 14 Km | 7 de xuño |
| Ruta 6 | Faro de Estaca de Bares – Porto de O Barqueiro | 50 | 12 Km | 14 de xuño |
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
Prazo de inscrición e matrícula: Por orde de chegada dende o 1 de marzo de 2026 ata o martes anterior ao inicio de cada ruta debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
No proceso de inscrición terán preferencia as persoas empadroadas en Arteixo.
O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo aquí Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo
PREZO PÚBLICO:
- Maiores de idade: 15 € por etapa
- Menores de idade: 10 € por etapa
- O prezo inclúe transporte, picnic e seguros
NORMATIVA ESPECÍFICA
o Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
o Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado (50) de prazas para cada actividade, así como un número mínimo (15) de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
o O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
o No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
o As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
