A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 19 de maio na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 27 de maio, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 8 de xuño.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo
