SUMARTE pon en marcha unha nova edición de SUMANEVE, unha iniciativa de Nadal dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos que combina lecer, creatividade e aprendizaxe durante as vacacións escolares.
A programación inclúe un Campamento de Nadal, que se desenvolverá en dúas quendas —do 22 ao 26 de decembro e do 29 de decembro ao 2 de xaneiro— en horario de 9:30 a 14:30 horas no Parque de Monticaño, en Pastoriza. O campamento contará con xogos, contos, obradoiros creativos, miniolimpiadas de inverno e actividades relacionadas coa natureza e a auga, ademais de incluír merenda diaria.
Xunto a esta proposta, SUMANEVE ofrece tamén obradoiros de Nadal gratuítos, que se celebrarán no Muiño Vello entre o 22 de decembro e o 3 de xaneiro, en horario de tarde de luns a venres e nas mañás dos sábados. As actividades inclúen manualidades, decoración navideña, lettering, xogos e festas temáticas.
As prazas son limitadas e adxudícanse por orde de solicitude, con prioridade para persoas empadroadas en Arteixo e abonadas a SUMARTE.
A información detallada e as inscricións poden realizarse a través do correo electrónico sumarte@sumarte.gal, nos teléfonos 698 193 000 / 981 659 090 ou na web www.sumarte.gal.

