Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Día da Familia reunirá o 18 de xullo no Seixedo actividades para todas as idades

/ O Día da Familia reunirá o 18 de xullo no Seixedo actividades para todas as idades

O Concello celebrará o vindeiro sábado 18 de xullo o Día da Familia, unha xornada de convivencia que terá lugar na Área Recreativa do Seixedo entre as 12:00 e as 20:00 horas.

Durante todo o día desenvolverase un amplo programa de actividades dirixidas a públicos de todas as idades, con xogos populares, inchables acuáticos e mecánicos, actuacións, xincanas, photomatón e propostas de animación. A programación completarase pola tarde con reparto de flocos de millo e algodón de azucre entre as 16:00 e as 20:00 horas, e finalizará cunha festa da escuma prevista para as 20:00 horas.

A organización habilitará unha zona con mesas e cadeiras para que as familias poidan compartir a comida, aínda que cada grupo deberá levar a súa propia. Ademais, durante toda a xornada haberá un foodtruck con servizo de comida e bebida.

O Concello recomenda ás persoas participantes levar roupa e calzado axeitados para poder desfrutar das actividades acuáticas previstas ao longo da xornada.