O Programa Deportivo de Verán 2026 dispón de 3.000 prazas de 83 diferentes actividades que contan coa colaboración de diversas entidades deportivas do Concello, co fin de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo.
O obxectivo constante é promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais, a Concellería de deportes a través deste programa, continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais.
