O departamento de Xuventude, anuncia a súa proposta de lecer para as vacacións de semana santa coa organización dunha saída ao centro de actividades «Humor Amarelo» en Vigo. Esta iniciativa busca ofrecer unha alternativa de ocio activo e saudable para a mocidade do municipio durante o período non lectivo.
A excursión está dirixida a mozos e mozas cun rango de idade comprendido entre os 12 e os 30 anos. O departamento de Xuventude informou de que a actividade conta cun límite de 50 prazas, que serán asignadas por estrita orde de chegada das solicitudes. Así mesmo, as persoas empadroadas no municipio de Arteixo terán preferencia á hora de realizar a reserva de praza.
Os prezos estipulados para a xornada son de 12,50 € para os menores de idade e de 25 € para os participantes maiores de 18 anos. O desprazamento e o acceso ás probas de humor amarelo están incluídos na programación da xornada.
O prazo de inscrición xa se atopa aberto. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa solicitude accedendo a este enlace.
Para obter máis información ou resolver calquera dúbida relacionada coa actividade, o departamento de Xuventude pon á disposición da cidadanía o número de teléfono 981 659 133.
