Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > A XXVI edición da Carreira Popular contará con servizos completos para os 1.500 participantes

/ A XXVI edición da Carreira Popular contará con servizos completos para os 1.500 participantes

Todo ppreparado para a celebración dunha nova edición da Carreira Popular. A cita, que este ano esgotou todas as súas prazas dispoñibles, será o vindeiro 1 de maio.

Como principal novidade nesta edición, a proba poderá seguirse integramente e en directo a través da canle oficial de YouTube do Concello, facilitando o seguimento da competición dende calquera localización.

A recollida de dorsais comeza hoxe mércores 29 e continuará o xoves 30 na Piscina Municipal de Arteixo, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. O propio día da carreira tamén se habilitará un punto de recollida no Pazo dos Deportes desde as 08:30 horas ata media hora antes do inicio de cada categoría.

A organización dispón dunha ampla oferta de servizos para garantir a comodidade dos corredores, que inclúe gardarroupa operativo de 09:30 a 14:30 horas, servizo de duchas no Pazo dos Deportes e puntos de avituallamento durante o percorrido e na meta. Así mesmo, os participantes contarán con asistencia de fisioterapia ao finalizar a proba e un dispositivo sanitario coordinado con ambulancias e persoal médico para asegurar unha resposta inmediata ante calquera incidencia.