A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, publica as bases reguladoras das subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal para o ano 2026.
Obxecto
Impulsar a dixitalización, innovación, modernización e sostibilidade ambiental do comercio local e artesanal de Galicia.
Beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.
Prazo de solicitudes
Dende o 16.01.2026 ao 16.02.2026, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal .
Teléfonos información: 981 545 599 / 981 545 419
Accede a toda a información neste enlace do DOG.
