Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Concello e a Asociación Autotaxis Santa Eufemia renovan a súa colaboración para facilitar a mobilidade de persoas con diversidade funcional

/ O Concello e a Asociación Autotaxis Santa Eufemia renovan a súa colaboración para facilitar a mobilidade de persoas con diversidade funcional

A concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos, asinou na Casa do Concello un convenio de colaboración coa Asociación Autotaxis Santa Eufemia de Arteixo para continuar desenvolvendo a liña municipal de axudas de apoio á mobilidade destinada a persoas con diversidade funcional ou  con dependencia acreditada.

O acordo permitirá seguir prestando un servizo fundamental para aquelas persoas que presentan graves dificultades de mobilidade e autonomía e que non poden utilizar o transporte público colectivo.

As axudas teñen por obxecto financiar os gastos de desprazamento a centros de atención ocupacional especializados, centros médicos ou outros recursos de características similares, mediante vehículos autorizados para o transporte de persoas por estrada.

A través desta colaboración, o Concello de Arteixo reforza o seu compromiso coa inclusión social, a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas que precisan apoio para acceder a servizos asistenciais, sanitarios e ocupacionais.

A sinatura do convenio garante a continuidade dun recurso que facilita os desprazamentos e contribúe a eliminar barreiras na vida diaria das persoas beneficiarias e das súas familias.