Filtro xeral
Filtro xeral

 

 

Inicio > O Museo do Mar de Sorrizo acolle a exposición itinerante ‘Compañeiras do mar e do ceo’

/ O Museo do Mar de Sorrizo acolle a exposición itinerante ‘Compañeiras do mar e do ceo’

O Museo do Mar de Sorrizo  acolle a exposición itinerante ‘Compañeiras do mar e do ceo’, unha mostra cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) que se achega ao mundo das aves mariñas e á importancia dos ecosistemas dos que forman parte.

A exposición aborda a presenza destas aves nos diferentes océanos, as súas adaptacións á vida no mar e a estreita relación que manteñen coas actividades pesqueiras. A proposta busca tamén contribuír ao coñecemento e á conservación destas especies.

A mostra presta especial atención á realidade de Galicia, un territorio que conta con algunhas das colonias de aves mariñas máis importantes da Península Ibérica. Deste xeito, a exposición pon o foco tanto na riqueza natural do medio mariño como na necesidade de coñecer e preservar as especies que forman parte del.

‘Compañeiras do mar e do ceo’ pode visitarse xa no Museo do Mar de Sorrizo, onde permanecerá aberta ao público como unha nova proposta divulgativa para coñecer mellor o patrimonio natural e mariño de Galicia.