Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Os Náufragos representa hoxe a obra infantil BuleBule no Outono Cultural de Arteixo

/ Os Náufragos representa hoxe a obra infantil BuleBule no Outono Cultural de Arteixo

A programación do Outono Cultural ofrece hoxe unha nova proposta de teatro infantil coa representación de BuleBule, da compañía Os Náufragos. A función celebrarase ás 19.00 horas no auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía.

A obra presenta a Candela, unha nena con trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) chea de enerxía e curiosidade.

As entradas teñen un prezo de 4 e 3 euros e poden consultarse e adquirirse a través da web de eventos do Concello