Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Cultura pecha o ciclo Verán de Estrelas cun espectáculo de Avelino González

/ Cultura pecha o ciclo Verán de Estrelas cun espectáculo de Avelino González

A concellería de cultura pon o punto final á programación cultural Verán de Estrelas cun espectáculo de humor a cargo de Avelino González. O actor presentará a obra Eran elas! o venres 19 de setembro ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía.

As entradas teñen un prezo de 3 euros (xeral) e 2,25 euros (reducida) e poden adquirirse a través deste enlace  ou no despacho de billetes do auditorio dúas horas antes do comezo da función, ata completar aforo.

Con esta proposta, o Concello de Arteixo clausura unha nova edición do ciclo cultural de verán, que ao longo dos últimos meses reuniu diferentes espectáculos e actividades baixo a denominación Verán de Estrelas.

Ir al contenido