Filtro xeral
Filtro xeral

Con motivo das obras de urbanización da Avenida da Ponte, situada no polígono de Sabón, a partir de mañá ás 16.00 horas establecerase un corte de tráfico nesta vía.

A restrición manterase ata o sábado 11 ás 20.00 horas, tempo durante o que se executarán os traballos previstos.

Durante o período de peche permitirase exclusivamente o paso dos vehículos de emerxencia, como ambulancias, bombeiros e Protección Civil, co fin de garantir a prestación dos servizos esenciais.

O Concello solicita a colaboración da cidadanía e recomenda planificar os desprazamentos con antelación, empregando itinerarios alternativos mentres duren as actuacións.