Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O tradicional Xantar de Nadal dos Maiores será o 20 de decembro no Pazo dos Deportes

/ O tradicional Xantar de Nadal dos Maiores será o 20 de decembro no Pazo dos Deportes

Chega unha nova edición do tradicional xantar de nadal organizado pola concellería de maiores. Será o domingo 20 de decembro no Pazo dos Deportes e, como cada ano,  está destinado a persoas empadroadas en Arteixo que sexan pensionistas maiores de idade, xubiladas ou prexubiladas, así como aos seus respectivos cónxuxes.

O prezo da entrada será de 6 euros. A repartición dos números para acceder ás entradas comezará o luns 30 de novembro e continuará ata que se esgoten, cun máximo de dez números por persoa. O horario establecido para este trámite será de 9.00 a 13.30 horas.

A recollida das entradas realizarase entre o 30 de novembro e o 4 de decembro, tamén en horario de 9.00 a 13.30 horas e tendo en conta a cor do número asignado.

Para retirar as entradas será necesario presentar un xustificante da condición de pensionista ou prexubilado. No caso das vodas celebradas durante o ano 1976, tamén deberá achegarse o libro de familia.

As persoas que acudan a recoller entradas en nome doutras deberán presentar unha autorización asinada pola persoa interesada.

O Xantar de Nadal constitúe unha das citas de convivencia do calendario municipal, unha oportunidade para que os maiores de Arteixo compartan unha xornada festiva con motivo das celebracións do Nadal.