A concellería de maiores pon en marcha unha nova edición do programa «Paseos Saudables Dirixidos», que se desenvolverá ao longo de todo o vindeiro mes de xuño de 2026. Esta iniciativa municipal, de carácter totalmente gratuíto, combina a realización de camiñadas guiadas polo termo municipal cunha actividade complementaria orientada á estimulación articular dos participantes.
As persoas interesadas en sumarse a estas rutas poderán formalizar a súa inscrición entre o 20 e o 28 de maio. Os apuntamentos tramitaranse presencialmente nas instalacións do Centro de Maiores «A Baiuca» ou ben a través do número de teléfono 981 659 096. Tamén pódese enviar este formulario cuberto a baiuca@arteixo.org
Tódolos percorridos programados terán unha duración estimada de 1 hora e 30 minutos, fixando diferentes puntos de encontro e horarios de mañá (10:00 h) ou de tarde (16:00 h) para facilitar a asistencia.
Pódese descarregar o programa completo aquí
