Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > VIII edición dos Premios PEL para apoiar o emprendemento provincial

/ VIII edición dos Premios PEL para apoiar o emprendemento provincial

A Deputación da Coruña vén de publicar as bases da oitava edición dos Premios PEL (PEL-EPR PREMIO 2026), unha iniciativa integrada no Plan de Emprego Local que busca recoñecer e incentivar a calidade e innovación das empresas da provincia. O certame ten como obxectivo premiar proxectos que xeren riqueza e emprego, potenciando especialmente o emprendemento no rural e a sostibilidade.

As empresas gañadoras en cada unha das categorías competitivas recibirán un premio de 20.000 euros. No caso de que o xurado decida outorgar un accésit de 5.000 euros, o primeiro premio pasará a ser de 15.000 euros. As categorías convocadas inclúen a iniciativa emprendedora (actividades iniciadas entre 2024 e 2026), a traxectoria empresarial (actividades previas a 2023), iniciativa territorio sostible e iniciativa empresarial singular. Existe ademais unha categoría honorífica para a mellor iniciativa transformadora do rural.

O prazo para a presentación de candidaturas realizarase exclusivamente de forma telemática a través da plataforma SUBTeL. O período de inscrición abrirase o vindeiro 23 de abril ás 9:00 horas e pecharase o 12 de maio de 2026 ás 14:00 horas. As bases completas e a documentación necesaria poden consultarse no portal oficial pel.gal/premio.