Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > A Asociación Fibro Visibles organiza unha charla informativa no Centro Froxel

/ A Asociación Fibro Visibles organiza unha charla informativa no Centro Froxel

A Asociación Fibro Visibles celebrará o próximo 4 de novembro, de 11.00 a 12.00 horas, unha charla informativa no Centro Froxel baixo o lema «Acompañar tamén é comprender». A actividade está dirixida a familiares, amizades e persoas próximas a persoas con fibromialxia e síndrome de fatiga crónica.

A iniciativa pretende dar a coñecer o labor da asociación e achegar información sobre estas enfermidades ás persoas que acompañan a quen convive con elas.

A xornada incluirá tamén unha exposición de creacións realizadas polas persoas socias. As obras non estarán á venda a beneficio da asociación.