SUMARTE informa aos usuarios do servizo de abastecemento de auga que, debido á realización de labores de mellora na rede xeral, o vindeiro xoves 12 de febreiro de 2026 realizarase unha intervención técnica.
Estes traballos provocarán variacións na presión ou a falta de subministración na zona de Meicende, nun horario estimado dende as 10:30 h ata as 11:00 h.
Para evitar incidencias, recoméndase á veciñanza seguir os consellos habituais como vixiar que ningunha billa quede aberta para evitar perdas innecesarias ou desbordamentos no momento do restablecemento: evitar o uso de electrodomésticos que precisen auga, como lavadoras ou lavalouzas, durante o período indicado.
O servizo restablecerase con normalidade unha vez finalicen os traballos, salvo imprevistos técnicos.
O Concello agradece a comprensión dos veciños e veciñas polas molestias que estas melloras necesarias na infraestrutura poidan causar.
