Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Cen personas finalizan os cursos homologados de formación en Arteixo

/ Cen personas finalizan os cursos homologados de formación en Arteixo

A directora xeral de Formación, Zeltia Lado, e o alcalde do concello de Arteixo, Carlos Calvelo, entregaron hoxe e cen personas os diplomas acreditativos dos cursos homologados do Programa Integrado de Emprego 2026.

Nos anos anteriores, como media, máis o 60% dos parados que o fixeron acabaron encontrando traballo. Este Programa, cofinanciado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Concello de Arteixo, ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a realización das seguintes accións formativas:

– Atención o cliente/Caixeiro

– Operario de almacén/carretilleiro

– Operario/a de fábrica/carretilleiro.

– Gestión logística

Así mesmo, durante todo o Plan, realizaranse accións de formación transversal, tales como: prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento e orientación laboral.

O programa ten por obxecto á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadores en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dun plan integral que combina accións de información, orientación,

asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral. O alcalde destacou tamén “a colaboración co tecido empresarial municipal, xa que máis de 30 empresas destes ámbitos prestaron a súa colaboración para que os alumnos do PIE realizasen prácticas nas súas instalacións”.