O Concello de Arteixo foi admitido como socio de URBACT, o organismo europeo de transferencia de coñecemento que agrupa redes de municipios interesados na creación de accións participativas e unha xestión baseada no coñecemento.
A rede de Arteixo está liderada por Perugia (Italia) e, ademais do noso municipio, intégranse nela Sofía (Bulgaria), Veszprém (Hungría), Monaghan (Irlanda), Valongo (Portugal) e Chernivtsi (Ucrania). A integración do concello foi aprobada recentemente pola Comisión de estas redes.
Arteixo conta con 900.000 euros en fondos europeos para iniciar as actividades de coordinación e transferencia de boas prácticas en xestión municipal. Esta colaboración permitirá ao municipio acceder a proxectos innovadores xa implementados noutros concellos europeos, especialmente nos ámbitos de zonas verdes urbanas, creación de infraestruturas verdes e mobilidade.
As redes comezarán o seu labor o 1 de novembro de 2025 e finalizarán o proceso de transferencia o 30 de abril de 2028. Este recoñecemento abre a Arteixo novas oportunidades para profundar nos seus proxectos de innovación e facilitar o acceso a novos fondos europeos.
En total, as 25 redes URBACT contan con 181 socios de 28 países, sendo o 64 % novos neste programa. España participa con 17 municipios, mentres que Italia e Portugal lideran en número de socios.