O Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolle os días 10, 11 e 12 de xuño as xornadas de clausura das actividades extraescolares educativas do curso 2025/2026.
As exhibicións, que comezarán diariamente ás 16:00 horas, contarán coa participación do alumnado dos centros educativos do concello. Durante as tres sesións amosaranse os coñecementos adquiridos en disciplinas como teatro, baile moderno, guitarra, pandeireta e baile galego. Os horarios e bloques específicos estruturaranse en función de cada centro e actividade.
A organización lembra que os participantes deben presentarse quince minutos antes do inicio da súa quenda. O acceso dos acompañantes ao salón de actos estará restrinxido ata o momento exacto en que comece cada bloque.
De forma paralela, entre as 17:00 e as 19:00 horas das tres xornadas, habilitarase unha mostra pública cos traballos desenvolvidos ao longo do ano nas modalidades de robótica, cociña, artesanía, informática e idiomas
