O Departamento de Servizos Sociais abre o segundo prazo de inscrición e pagamento de matrículas para as actividades sociais do curso 2026/2027, destinado ás prazas que quedaron vacantes tras o primeiro período de matrícula.
As persoas empadroadas en Arteixo poderán solicitar as prazas vacantes entre os días 7 e 9 de setembro, en horario de 9:00 a 13:30 horas. O prazo para as persoas non empadroadas será o 10 de setembro, tamén de 9:00 a 13:30 horas, sempre nas prazas sobrantes.
A tramitación poderá realizarse presencialmente no Centro de Maiores A Baiuca, situado na Travesía de Arteixo, 247, ou a través do correo electrónico baiuca@arteixo.org, sempre dentro do horario establecido. Para máis información está dispoñible o teléfono 981 659 095.
Entre as actividades con prazas dispoñibles figuran propostas como bailes de salón e en liña, arte floral, bolillos, costura, danzas do mundo, estimulación articular, labores, manualidades, pintura, sevillanas, pandeireta, macramé ou patchwork, entre outras. A oferta distribúese entre o Centro de Maiores A Baiuca e diferentes centros sociais e espazos municipais das parroquias.
O curso desenvolverase entre outubro de 2026 e maio de 2027 e as tarifas establecidas son de 37 euros por unha actividade, 55 euros por dúas, 80 euros por tres e 90 euros por catro actividades.
Para formalizar a inscrición é necesario presentar a solicitude (dispoñible ao final do texto) asinada. Unha vez confirmada a praza, emitirase o correspondente recibo e o pagamento deberá efectuarse dentro do prazo indicado. As solicitudes enviadas por correo electrónico tramitaranse simultaneamente coas presentadas presencialmente.
As actividades comezarán o 1 de outubro
