Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O cine protagoniza a cita cultural da semana coa proxección do documental “Tralos pasos de María Casares”

/ O cine protagoniza a cita cultural da semana coa proxección do documental “Tralos pasos de María Casares”

O Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolle o venres 7 de novembro, ás 20:30 horas, a proxección do documental “Tralos pasos de María Casares”, dirixido por Isabel Blanco. A entrada será con invitación.

O filme percorre a vida e a traxectoria da actriz galega María Casares (1922–1996), figura destacada das artes escénicas do século XX e símbolo de superación e paixón polo teatro.

A actividade inclúe dúas sesións: unha matinal, dirixida ao alumnado de Secundaria dos institutos de Arteixo, e outra para o público xeral en horario de tarde. Ao rematar a proxección celebrarase un coloquio coas protagonistas do documental, Isabel Blanco e Sabela Hermida.

O documental, cunha duración de 75 minutos, forma parte da programación cultural municipal de outono no Concello de Arteixo.