A Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, organiza o martes 11 de novembro a xornada Saudablemente: como coidar a saúde mental, unha actividade aberta á cidadanía centrada na promoción do benestar emocional.
O encontro celebrarase de 10:00 a 11:30 horas na primeira planta do Centro Social de Froxel, situado na rúa José Pérez Ballesteros número 39, en Oseiro.
A sesión ten como obxectivo ofrecer ferramentas e reflexións prácticas para mellorar a saúde mental e fomentar hábitos saudables, dentro das accións municipais de promoción da saúde e apoio á comunidade.

