A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación informa da publicación da listaxe de requirimentos de documentación necesarios para completar os expedientes de solicitude das axudas ao estudo da Liña 2, destinadas á adquisición de libros de texto e material didáctico para o presente curso escolar.
As familias que presentaron a solicitude deben comprobar o estado do seu expediente. De ser o caso, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio na páxina web municipal, para emendar as faltas ou achegar os documentos solicitados.
En cumprimento do artigo 68.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, de non presentarse a documentación requirida no prazo estipulado, entenderase que a persoa interesada desiste da súa petición, logo da correspondente resolución administrativa.
Consulta de datos e protección da privacidade
Seguindo as recomendacións da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos persoais, os documentos de identidade dos solicitantes (DNI, NIE ou Pasaporte) móstranse cifrados de xeito parcial, publicando unicamente os díxitos que ocupan as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima.
A continuación detallase a listaxe de solicitudes que precisan achegar documentación e o motivo do requirimento:
| DNI / NIE Solicitante | Documentación ou Trámite Requirido |
***6174** |
Acreditar a non existencia de débedas de Don VLT co Concello. |
***6573** |
Presentar factura/s. |
***0827** |
Acreditar a non existencia de débedas de JVL coa Deputación. |
***9576** |
Sinatura de autorizacións e presentar factura/s. |
****8793 |
Presentar DNI/NIE da persoa solicitante. |
****5257 |
Presentar DNI/NIE da persoa solicitante. |
As alegacións e documentos deben tramitarse preferentemente de xeito telemático a través da sede electrónica municipal ou polos canles habilitados de rexistro público.
