Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Clausura das súas actividades sociais «Cultiva o teu lecer» coa tradicional mostra de fin de curso e bailes

/ Clausura das súas actividades sociais «Cultiva o teu lecer» coa tradicional mostra de fin de curso e bailes

Broche de ouro ao programa de actividades sociais «Cultiva o teu lecer» da edición 2025-2026. Será cunha completa axenda de eventos que recolle o traballo desenvolvido pola veciñanza ao longo de todo o ano. Os actos de clausura combinan a música tradicional, a exposición de traballos manuais e artísticos, e un grande festival de danza e baile que se estenderá durante toda esta semana.

A programación arrancou de xeito oficial este luns 25 de maio no Centro Cívico Cultural de Arteixo-Manuel Murguía. O Auditorio do centro acolleu a actuación dos grupos de Canto e Pandeiretas, mentres que a Sala de Exposicións abriu as súas portas para albergar a «Mostra de fin de curso 25/26». Esta exposición colectiva permanecerá activa ata o vindeiro sábado 30 de maio, permitindo aos visitantes desfrutar tanto dos traballos físicos expostos como dunha peza de vídeo-memoria que repasa os mellores momentos do curso. O horario habilitado para visitar a sala é de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, e o sábado de 10:00 a 14:00 horas.

Como peche definitivo destas xornadas de clausura, o Pazo dos Deportes de Arteixo vestiráse de gala o sábado 30 de maio ás 20:00 horas para acoller a gran Mostra de Bailes e Danzas. Trátase dun evento de acceso libre deseñado para que toda a comunidade poida compartir e poñer en valor o esforzo, a aprendizaxe e a convivencia xerada arredor deste programa municipal de lecer.