O departamento de Participación Cidadá de Arteixo pon en marcha unha nova acción formativa dirixida especificamente a persoas vinculadas aos movementos asociativos do municipio.
O curso, centrado nos primeiros auxilios, ten como obxectivo principal que os asistentes adquiran os coñecementos básicos necesarios para intervir ante pequenas urxencias e situacións de risco inmediato.
A formación terá unha duración total de 10 horas lectivas, que se distribuirán en dúas xornadas de sábado: o 25 de abril e o 9 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O custo de inscrición é de 5 euros.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa solicitude entre o 14 e o 17 de abril a través deste enlace
Esta iniciativa busca reforzar a seguridade e a capacidade de resposta das entidades locais ante calquera eventualidade.
