Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > “Saudablemente: como coidar a saúde mental”, unha xornada aberta ao público en Froxel

/ “Saudablemente: como coidar a saúde mental”, unha xornada aberta ao público en Froxel

A Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, organiza o martes 11 de novembro a xornada Saudablemente: como coidar a saúde mental, unha actividade aberta á cidadanía centrada na promoción do benestar emocional.

O encontro celebrarase de 10:00 a 11:30 horas na primeira planta do Centro Social de Froxel, situado na rúa José Pérez Ballesteros número 39, en Oseiro.

A sesión ten como obxectivo ofrecer ferramentas e reflexións prácticas para mellorar a saúde mental e fomentar hábitos saudables, dentro das accións municipais de promoción da saúde e apoio á comunidade.