O Concello de Arteixo, a través das áreas de Deportes e Muller, pon en marcha unha nova edición do programa SUMA SAÚDE, unha iniciativa de actividade física adaptada dirixida a mulleres que pasaron por un proceso oncolóxico.
As sesións desenvolveranse na Piscina Municipal de Meicende, os martes e xoves de 09:30 a 10:30 h, combinando exercicio moderado e acompañamento profesional nun espazo seguro e respectuoso.
As prazas son limitadas, polo que se realizará un sorteo público o 29 de xullo ás 11:00 h no Centro de Información á Muller (CIM). As mulleres interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o 24 de xullo, a través do CIM chamando ao 981 601 415.
Con SUMA SAÚDE, o Concello de Arteixo continúa apostando polo benestar físico e emocional das mulleres, facilitando espazos para a recuperación, a saúde e o apoio mutuo.