A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, inicia o procedemento para a concesión de axudas ao estudo destinadas a familias con descendentes escolarizados en centros sostidos con fondos públicos.
O período para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 10 de febreiro ata o próximo 3 de marzo de 2026, abranguendo tanto niveis de ensino obrigatorio como non obrigatorio.
A convocatoria estrutúrase en tres liñas de actuación diferenciadas para cubrir diversas necesidades do alumnado empadroado no municipio.
A primeira liña destínase ao servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS ou profesionais autónomos.
Bases reguladoras liña 1- Comedores
Publicación BOP convocatoria comedor escolar
A segunda liña céntrase na adquisición de libros e material didáctico para o segundo ciclo de educación infantil.
Publicación BOP convocatoria libros e material didáctico
Impreso solicitude libros e material didáctico
Bases reguladoras liñas 2 e 3 – Libros e material didactico e mobilidade
Finalmente, a terceira liña ofrece axudas de mobilidade para estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, ensinanzas artísticas ou universitarias que cursen os seus estudos en centros públicos de Galicia e residan a máis de dous quilómetros do seu centro de ensino.
Publicación BOP convocatoria mobilidade
As persoas interesadas poden realizar os trámites de forma telemática a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no departamento de Educación, en horario de 9:00 a 14:00 horas, así como nos demais rexistros habilitados. Toda a información detallada, xunto cos modelos normalizados e as bases reguladoras, atópanse á disposición do público nos enlaces seguintes:
