«Confluencia de miradas» propón un diálogo artístico entre dúas linguaxes e dous universos creativos diferenciados. Por unha banda, a fotografía de Luis Barca Buyo, caracterizada por unha mirada precisa e profundamente humana. Pola outra, a arte contemporánea de Gabriela Laura Palumbo, cargada de simbolismo e fantasía.
Trátase da nova exposición » que chega o vindeiro venres 30 de xaneiro ás 19:00 horas ao Centro Cívico Cultural Manuel Murguía.
O encontro entre estas dúas disciplinas crea unha tensión creativa que transforma o espazo expositivo nunha experiencia radicalmente diferente. Os asistentes están convidados a mirar con atención e pausa, deixándose atravesar por imaxes que, aínda que nadas de lugares distintos, conflúen nunha mesma emoción.
Esta exposición representa unha aposta arriscada e sorprendente da programación cultural de Arteixo, ofrecendo unha oportunidade única para gozar dunha unión artística pouco frecuente nas salas de exposicións habituais.
