Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Concello instalará unha pantalla xigante na praza do Balneario para seguir a final do Mundial

PUBLICACIÓN

O Concello instalará unha pantalla xigante na praza do Balneario para seguir a final do Mundial

15 Jul, 2026 | AXENDA LECER, NOTICIAS

O Concello instalará este domingo unha pantalla xigante na praza do Balneario para que a veciñanza poida seguir en directo a final do Mundial de fútbol, despois de que a selección española conseguise onte pola noite a clasificación para o encontro decisivo.

A pantalla terá unhas dimensións de seis metros de ancho por tres metros e medio de alto, permitindo que un amplo número de persoas poida gozar do partido nun espazo aberto e compartir unha das citas deportivas máis importantes do ano.

 

Con esta iniciativa, o Concello quere ofrecer un punto de encontro para que afeccionados e afeccionadas poidan animar á selección española e vivir xuntos o ambiente da gran final.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso