A primeira semana de agosto abrimos o prazo para reservar mesas e cadeiras de cara á celebración dunha nova edición do Festival Folk de Sisalde, que terá lugar o próximo 5 de setembro na contorna da Fraga de Sisalde.
As reservas poderán realizarse ata o 7 de agosto a través da páxina web festivalfolksisalde.gal.
O festival, organizado pola Concellaría de Turismo do Concello de Arteixo, dirixida por Patricia Amado, continúa apostando por recuperar o espírito das tradicionais romarías populares, combinando a música folk coa convivencia ao aire libre nun espazo natural de gran valor.
A reserva das mesas e cadeiras está pensada para todas aquelas persoas que desexen compartir a xornada con familia e amizades nas mesas habilitadas polo Concello durante o desenvolvemento do festival. Deste xeito, búscase favorecer un ambiente de encontro e participación arredor da música e da natureza.
O cartel de artistas desta edición darase a coñecer nas próximas datas.
